Ribadeo, 4 de maio, 2020. A situación excepcional provocada polo confinamento, levou a un grupo numeroso de familias de Ribadeo, a buscar unha forma na que as crianzas non sentiran a soidade que implicaba non relacionarse con outr@s nen@s, unha fórmula que suavizase o illamento.
Así idearon unha opción para entretelos e entreterse dunha forma conxunta, partillando un mesmo fin e obtendo algo feito entre todas e todos.
Non hai máximos nin mínimos, cada familia prepara o seu anaquiño e despóis un excelente informático dalle o toque máxico de pegar os trociños e ter a historia completa.
Coñecíanse a través do programa de matronatación do Apego e fóronse sumando máis familias interesadas.
Mantívose apego ao galego nas actividades e así é como xa van pola quinta:
contaron 2 contos cas mans, o conto da Eiruga Larpeira, cantaron o Crocodilo Namorado e están a preparar unha sorpresiña polas letras galegas.
O seu traballio está tendo moi boa acollida na vila.
