Cervo, 30 de abril, 2020. Dende a plataforma coordinadora das auxiliares queremos mostrar a nosa total desconformidade co anuncio de ERTE nas empresas Reymogasa e Cyrgasa, fai apenas unhas semanas toda a plantilla destas empresas, e do resto de auxiliares, fomos tratados como traballadores esenciais que non podíamos parar a nosa actividade laboral mentres que o estado español atravesaba a peor crise sanitaria do último século, pois ben, agora parece que como o interese da multinacional Alcoa é de prescindir de 50 compañeiros/as xa non somos tan esenciais, e nin goberno nin xunta de Galicia se posicionan sobre si son importantes os nosos postos de traballo ou non.
Esta plataforma quixo poñer o foco de atención en Alcoa pola perdida destes postos de traballo, pero parece que a dirección da multinacional non se da por aludida e deixa toda a responsabilidade nas empresas auxiliares.
Nós queremos ser claros: ALCOA ESTÁ DESPEDINDO PERSOAL, o persoal que traballa na factoría é traballo directo e exclusivo para dita multinacional e si esta prescinde de traballadores das empresas auxiliares está a despedir obreiros/as.
Dende que o estado español lle vendeu a factoría a Alcoa esta eliminou máis de 600 postos de traballo da súa plantilla, externalizandos en empresas auxiliares e precarizandoi, máis agora que chega o primeiro golpe forte somos os precarizados, os esquecidos, os sin nome os primeiros en vernos no paro.
O pasado Domingo anunciamos a paralización de horas extraordinarias como primeira medida, pero serán máis, iran a máis e non vacilaremos en canto a defender os nosos postos de traballo se refire, porque non permitiremos que se confinen os nosos dereitos laborais nin se confine o futuro de toda unha comarca mentres unha multinacional sen escrúpulos destrúe a fabrica que os nosos avós construíron.
Por iso apoiamos a petición do comité de traballadores de Alcoa para que a multinacional dea marcha atrás e paralice de inmediato a medida anunciada.
Seguimos a espera de que a dirección de ditas auxiliares presente a documentación dos anunciados ERTEs, con eles na man tomaremos as medidas que sexan necesarias.