Viveiro, 26 de abril de 2020. Os Corpos e Forzas de Seguridade brindarán este luns homenaxe ás dúas residencias de maiores existentes no municipio.
O concello organiza estas homenaxes como mostra de gratitude e recoñecemento polo traballo realizado polo persoal de ambos centros e, tamén, como agradecemento ás familias dos residentes sendo conscientes do esforzo que supón deixar de ver aos seus seres queridos durante todo este tempo.
A Alcaldesa estivo en contacto dende o primeiro momento con ambos centros, que lle foron transmitindo a súa preocupación e incertidume.
A día de hoxe, cómpre lamentar o falecemento por COVID-19 dun residente de Betania que sufría patoloxías previas; nesa residencia detectáronse catro casos, mentres que en Domus VI as probas realizadas foron negativas na súa totalidade.
Tendo en conta as cirscunstancias, pode afirmarse que de momento as cousas están saíndo ben, como resultado do bo facer, da responsabilidade e da disposición que amosaron dende o primeiro momento dende ambos centros.
Estas homenaxes dos Corpos e Forzas de Seguridade ás residencias de maiores de Viveiro terán lugar ás 15:00 horas, diante de Domus VI, e ás 15:20 horas, diante de Betania.