BURELA .- Tania Díaz Vázquez do IES Perdouro de Burela, coa obra Vés comigo? e Marta Geada Alonso do IES Monte Castelo de Burela, pola banda deseñada 14 de maio resultaron gañadoras do segundo encontro de Banda Deseñad na Mariña nas categorías ata catorce anos e ata dezaoito anos. A categoría libre quedou deserta.
Nota de Prensa
Reunidos hoxe na Biblioteca do IES Perdouro, os 4 membros do Xurado do Concurso fallaron a relación de premiados que se achega. Asemesmo farase entrega dos premios o vindeiro Venres 23 de abril, coincidindo co Día Mundial do Libro.
Neste acto de clausura que se celebrará este venres a partir das 12h30, contaremos coa presenza do debuxante e animador, David Rubín, gañador do Premio Josep Toutain ao Mellor Autor Novel no Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2007, do premio da crítica española á mellor obra nacianal de 2006 e finalista na Premio Nacional de Comic no 2007. Deleitanos cun obradorio e un coloquio sobre o seu traballo.
Ao finalizar o acto, faran entrega dos premios, a concelleira de Cultura do Concello de Burela, Neves Cando, a representante do EDNL, Miruca Parga, o director do IES Perdouro, Juan Sama, e os membros do equipo de BiblioPerdouro.
FALLO DO XURADO DOS IIº ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
Foron fallados os premios dos IIº Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Na categoría escolar ata catorce anos :
o 1º premio foi obtido por Tania Díaz Vázquez do IES Perdouro de Burela coa obra Vés comigo?.
o 2º premio foi para Carlos Paz Valiela do CEIP Fondo Nois coa obra As bruxas Piruxas.
Na categoría escolar ata dezaoito anos:
o 1º premio recibiuno Marta Geada Alonso do IES Monte Castelo de Burela pola banda deseñada 14 de maio
o 2º premio foi para unha obra titulada Hulmitch, presentada por Javier Eijo Perales, tamén alumno do IES Monte Castelo de Burela.
A categoría libre quedou deserta.