O delegado lembra que o seu nome quedará na historia da literatura e poesía galega e tamén no da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro que, no ano 2018 a modo de homenaxe, incorporou o nome desta académica, unha mestra das letras que, con tan só 28 anos, ingresou na Real Academia Galega. Balseiro lembra a sús importante vinculacióncoa provincia e, en particular, con Ribadeo (onde naceu), Lugo e Viveiro, onde residiu. De feito, un dos últimos actos nos que o delegado coincidiu coa mestra foi no acto de nomeamento como filla adoptiva da cidade do Landro.