Burela, 7 de abril, 2020. O rexedor burelés estivo este luns en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. Deu conta das medidas adoptadas dende o Concello para aplicar na alerta sanitaria, tanto no que respecta á seguridade como ao económico. Tamén dixo que están a traballar para poder celebrar telematicamente os plenos e comisións.
Llano falou tamén da celebración das festas. Non ocultou a súa preocupación, xa que co pouco tempo que queda semella difícil celebralas, ou no mellor dos casos, tal e como se viñan facendo habitualmente.
Escoita aquí completa a conversa