Viveiro, 2 de abril 2020. #Ante as peguntas de se se trasladarían as Procesións da Semana Santa de Viveiro a outras datas, a Xunta de Confrarías quere comunicar que as Procesións de nosa S. Santa Non se trasladarán. Outra vía que deixamos aberta pero que esta sen decidir nin sequera tomou forma será o poder organizar algo especial, cando estas circunstancias pasen e mesmo podelo realizar como unha acción de grazas.
A Semana Santa de Viveiro 2020 vai vivir de forma diferente ao resto dos anos, celebraremos unha Semana Santa VIRTUAL, respectando os días e horas tal como están no Programa de man que xa estaba impreso.
É dicir cada día a través da canle de you tiven da Semana Santa de Viveiro retransmitirase cada Procesión, ligazóns vivela# Quedatenacasa# .- www.facebook.com/semanasantadeviveiro.-
www.semanasantaviveiro.com
Para estas transmisións aprovéitanse gravacións do arquivo da Xunta de Confrarías así como as de colaboradores de Horacio Albo e de Rafa Rivera, algunhas delas foron especiais ao ser realizadas con tirolesas ou drons, que lle dan unha visión aérea impresionante.
As gravacións comezarán mañá venres día 3 coa Procesión da Virxe das Dores e terminarán o Domingo de Resurrección.
Pensamos que a Semana Santa ten o seu ciclo litúrxico, que debemos respectar e este ano, polas circunstancias tan tristes que nos toca vivir, pasarémolo en casa que é a mellor forma de colaborar; pero precisamente para contribuír a ese “quédache na casa” cremos que o poder visualizar as nosas Procesións e Pregón sería unha forma sa de axudar.
A Semana Santa de Viveiro ten un fundamento lúdico importante pero máis importante é o seu aspecto relixioso, sen el non tería sentido todo o demais.
Sempre dicimos que non somos mellores ou peores que outras, cada cal ten a súa idiosincrasia, pero a de Viveiro podemos afirmar que é “ Unha Semana Santa Grande nun Pobo pequeno” e o que máis nos enorgullece é que temos unha Semana Santa SENTIDA.
Desde a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, desexamos contribuír a esta loita contra o Coronavirus e temos a ESPERANZA de que o imos a vencer.