Cervo, 23 de marzo, 2020. A delegación de Servizos Sociais agradece a colaboración de Alcoa San Cibrao, “que nos doou un tecido especial que lle solicitamos para elaborar mascarillas que serán entregadas ao personal sanitario e de seguridade”
Desde o Concello queren agradecerlle especialmente a súa contribución á veciña Nati Fernández que leva moitas horas do seu tempo confeccionando de xeito altruísta todo tipo de material sanitario; nun primeiro momento con tea de algodón que posuía na tenda que rexenta, e agora con este material especial doado no día de onte.
A nosa veciña Nati Fernández, rexenta a tenda “Decoraciones Ajuar Mercería”; e desde que foi consciente das dificultades de abastecemento de material sanitario, dedica moitas horas do seu día e da súa noite, a confeccionar coas súas mans mascarillas; nun primeiro momento con teas da súa propiedade que tiña dispoñibles, e agora cun tecido especial que desde o Concello de Cervo lle solicitamos a Alcoa San Ciprián, que non dubidou nin un intre en doalo.
Desde o Concello de Cervo, queremos poñer en valor o traballo solidario de Nati, e a colaboración entre organismos, que está a resultar fundamental nestes intres complicados nos que tamén está a saír á luz o mellor de nós mesmos