Nota de Prensa
Coordinadora Comarcal “Mariña Lucense”
Reunida a Coordinadora Comarcal do PSdeG – PSOE quere facer publica a súa preocupación ante as ultimas actuacións da Xunta de Galicia na nosa comarca. O deterioro na educación, sanidade e o importante recorte nos investimentos en infraestucturas relegan una vez mais a Mariña.
Destacan o recorte no investimento na V.A.C. San Cibrao-Ferrol, a variante de Viveiro, a supresión do plan funcional do Hospital Da Costa, o aumento das lista de espera, o deterioro do ensino publico. En resumen logo de un ano de goberno do Sr. Feijoo, na Mariña hai mais xente no paro, mais veciños en lista de espera, menos inversións en infraestucturas, e menos compromiso con a educación publica.
Lamentamos dita situación e desexamos que no futuro se arranxen estes desaguisados.