Burela, 12 de marzo de 2020. O Concello suspende todos os programas destinados a colectivos con necesidades específicas (Áxilmente, Educación de Columna, Ximnasia Preventiva).
A edil se Servizos Sociais, Carmela López, subliña que “debido á vulnerabilidade das persoas maiores fronte ao COVID-19, e como medida de prevención, suspéndense todas as actividades relacionadas con este grupo ata novo aviso. Entendemos que canto menos se interactúe e menos actividade se faga con xente externa, isto será positivo para evitar que o virus se estenda”.
López Moreno engade que “ademais recomendamos a todas as asociacións e demais colectivos do pobo, a cancelación de viaxes e eventos para favorecer a contención”.
A concelleira burelesa aproveita para “transmitirvos tranquilidade. Somos capaces de conter o virus se cada un actúa responsablemente e baixo o protocolo indicado”.