Mondoñedo, 10 de marzo, 2020. Correspondente a LNB NorLeste, o sábado 7 de marzo, disputouse no campo de fútbol “Viñas da Veiga” de Mondoñedo a décima xornada deste tradicional xogo-deporte que un puñado de amigos alá polo 2005 se propuxeron recuperar e hoxe en día e todo un logro.
Ainda que os derradeiros coletazos do antroido baixaron un pouquiño a participación, foi unha xornada concurrida donde se achegaron sesenta e oito participantes que viron en primeira liña (e padeceron en carne propia) como o sunami dos Carabullo de Ponte de Outeiro, pasaba arrasando a tódolos rivais sen contemplacións. Gañaron en tódalas categorías agás en infantís, na que este ano non presentan a naide.
En individuais repartíronse os postos deste xeito: primeiro Javi Morán como abandeirado cun pleno de vintecinco puntos, seguírono Charli e Albino a so un punto do gañador e Migho puxo outros vinte puntos que os levan a un total de noventa e tres, cos que, por riba de se afianzar no primeiro posto, acadan e igualan os Billardeiros Musicais ca mellor puntuación nunha xornada da LNB que dende a derradeira xornada da tempada 2015/2016 tiñan no seu poder os mariñáns.
En donas foi Irea (xoven promesa xa feita realidade) a dominadora da xornada superando a tódalas rivais ca súa acertada actuación, segunda foi Paula e terceira Chinita.
En infantís Marcos de Troitas Bravas da A Pontenova segue no seu camiño cara o título de liga, foi mais unha volta o gañador da xornada, segunda foi Aroa e terceiro Mateu.
Nun terreo, no que se puido xogar cas medidas regulamentarias de 50 x 20 m. era farto dificil acadar varados e non se rexistrou ningún esta tarde.
Xermán Viluba, presidente da asociación “O varal” e palanador dos Remourelle Bulls, fixo entrega aos gañadores das tartas de rigor e de un ”botelo”para o equipo gañador.
As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:
Individual:
Charli (Carabullo) 208 p
Regueiro (Troit.Bravas) 200 p
Albino (Carabullo) 192 p
Manu Pozo (Bill.Musicais) 181 p
Daniel (Bill.Musicais) 179 p
David Navallo (Troit.Bravas) 179 p
Donas:
Geni (Bill.Musicais) 133 p
Paula (Chain.Cadaval) 128 p
Sara (Polka Miseria) 84 p
Equipos:
Carabullo 784 p
Billardeiros Musicais 755 p
Troitas Bravas 747 p.
Varados:
Chousa (Carabullo) 2
Charli (Carabullo) 1
Rubén (Chainzos-Cadaval) 1
A vindeira cita será o “Día das Estrelas 2020” que se traslada este ano a conferencia NorOeste, será en Carballo o 21 deste mes de marzo, donde se dean cita tódalas as estrelas da Billarda das tres actuais conferencias. Sorte a Billarda semepre!