A tenente de alcalde e concelleira de Emprego, Inés López Couto, explica que o anuncio publicouse no Boletín Oficial da Provincia do pasado sábado, polo que a data límite para presentar as solicitudes será este xoves, día 12 de marzo de 2020. Para máis información poden dirixirse á área de emprego do Concello ou ben á páxina web, onde están publicadas as bases.