A Mariña, 8 de marzo, 2020. Alcoa leva demasiado tempo de inestabilidade, calquera proxecto empresarial precisa seguridade xurídica e de costes, a nosa fábrica referencia non a ten.
“existe unha realidade da que ninguén fala, mais eu como nativo de San Cibrao e con moitos amigos e familiares en Alcoa, non podo calar. O PSOE na súa estratexia política ten planeado un xiro cara a política ecolóxica. Os socialdemócratas de Alemaña e Francia foron vítimas dos partidos Verdes. Pedro Sánchez ten decidido a descarbonización e ser o líder europeo das políticas verdes, pouco lle importa Galicia somos poucos votantes” dixo Piñeiro Docampo.
Sabemos polo traballo do noso Secretario Xeral e candidato por Lugo, que é membro do Partido Demócrata Europeo, que España quere optar aos fondos de Green Deal da Unión, e apoiamos esa política, pero ten que facerse unha transición xusta sen que pague Galicia todo a peaxe. E a Mariña especialmente, por extensión todo Lugo. Por iso propoñemos:
“Os 9 alcaldes do PSOE na Mariña, teñen a obriga de defender aos veciños, a todos e non a posición devastadora do PSOE de Ferraz, por iso lles pido que soliciten a baixa temporal nas filas socialistas. Lembrar que 10 deputados e deputadas do PSOE representan a Galicia e 2 de Podemos, incluída a Ministra de Traballo. 12 votos que deben ter capacidade de bloqueo no Congreso, ata unha solución final que sexa garante de estabilidade para as nosas industrias” solicitou Piñeiro Docampo.