Cervo, 5 de marzo, 2020. Trátase dunha actividade que foi a antesala da XXIX edición da Festa que terá lugar o 14 de marzo, na Praza dos Campos.
En total, os hostaleiros participantes (Buenavista, O Faro, Nordesía, A Bodega, O Noso Lar, As Titas e Maruxaina) presentaron 14 tapas ao certame (as bases permitían presentar dúas como máximo).
O xurado composto por 3 dos membros da Asociación de Cociñeiros da Mariña Lucense -Jesús Villarino, Michel Cociña e Bruno Pena-que serán, xunto a outros dous compañeiros os chefs que cociñaran en vivo no día da festa a partir das 11:45 horas do mediodía diferentes especialidades que os participantes poderán degustar.
Os premiados foron:
1º Buenavista “Trampantojo de erizo”
2º O Faro “Saquito Filo Tierra-Mar”
3º A Bodega “Canutillos de erizo”