Este martes e mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala. O venres, día 6, desenvolverase unha Andaina pola Igualdade ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo. E ás 18:00 horas no salón de actos do Concello haberá un acto de homenaxe baixo o título Lourenzá son de muller, dedicado á laurentina Neli Cajoto Cuadrado. Ademais durante esta semana a fachada da Casa do Concello tinguirase de cor lila “en representación de todas as mulleres”.