BURELA (FN).- Xa son 20 as persoas que viaxarán o sábado a Santiago para participar no acto de entrega dunha vara boniteira ao Museo do Pobo Galego. O alcalde, Alfredo Llano, lembra que “a inscrición está aberta ata mañá a mediodía na Moncloa polo que animo á xente a apuntarse porque ainda están a tempo”.
O autobús que os levará a Santiago sairá de Burela ás 8 da mañá “e despois mentras se monta a vara boniteira, o resto da expedición realizaremos unha visita guiada ao museo. Os que xa o coñecen poden aproveitar para visitar por exemplo a Catedral. Á unha da tarde aproximadamente terá lugar o acto de entrega deste agasallo ao Museo do Pobo Galego e despois retornaremos para Burela, ainda que faremos unha parada para comer preto de Santiago”.