Compostela, 22 de febreiro, 2020. Logo de negociacións con outras forzas do nacionalismo e galeguismo que non frutificaron polas posicións de máximos dalgún. A Dirección de CxG en mandato do seu Consello Nacional rexistrou unha coalición, co nome de NÓS-Galeguistas.
O obxectivo político de esta coalición é aglutinar aquelas persoas que acreditan na capacidade autogoberno de Galicia e non se senten representados polas forza de esquerda e comunistas.
Neste senso CxG demostrou que é capaz de poñer Galicia diante do partido, apoiamos ao BNG no 10N sen contra prestación. Un camiño que considerabamos lóxico para as galegas. Mais non foi posible pola posición de máximos do BNG. Par información da opinión pública dende CxG entendíamos que era necesaria a nosa presencia no Parlamento para dentro do BNG defender a nosa idea de País con unha persoa, condición que o BNG non aceptou.
Diante da desaparición electoral de En Marea dende CxG entendemos que é precisa unha ferramenta que traballe dende un espazo novo para unha opción progresista e europeísta dunha Galicia cun novo status