Ribadeo, a 22 de febreiro de 2020.- O coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, participou na entrega de camisetas de xogo para a temporada 2019/2020 do Rugby Club Ribadeo para as que “a Xunta de Galicia achegou 1.600 euros”. Foi nun encontro con membros da directiva e xogadores do Rugby Club Ribadeo no que tamén participou o voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega.
Continúan así os populares ribadenses cos encontros que están a manter cos clubs e asociacións deportivas do municipio para escoitar as súas demandas e ofrecer fórmulas de colaboración co obxectivo de “fomentar a práctica deportiva”.
O coordinador de deportes do PP ribadense explica que “este club leva desenvolvendo a súa actividade na nosa vila dende fai pouco tempo; pero, aínda así, conta xa con 70 integrantes”. Trátase de xogadores da categoría sub-12 á categoría sénior.
Deporte inclusivo
Tito Suárez reivindica “o acceso de todos ao deporte” e, polo tanto, destaca o labor do club no ámbito da inclusión e amosa o apoio do Partido Popular de Ribadeo a este tipo de iniciativas.
Os populares amosan unha vez máis o seu apoio ao deporte en igualdade para todos e, igualmente, para o deporte base do municipio.