, 21 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro celebra o próximo martes, día 25 de febreiro, o seu tradicional desfile de Entroido, que suporá cortes de tráfico puntuais.
O desfile sairá da explanada da Variante ás 17:30 horas, discorrendo a continuación pola Variante, avda. de Ferrol, Navia Castrillón, Praza de Lugo e Travesía da Mariña, ata chegar á Porta de Carlos V.
Haberá cortes de tráfico nas vías indicadas, que irán abríndose segundo discorra o desfile, cunha duración estimada de 2-3 horas.
Ademais, vaise prohibir o estacionamento -ata finalización do desfile- a partir das 20:00 horas do luns 24 de febreiro na marxe dereita da Travesía da Mariña, nas zonas de carga e descarga e nas paradas de bus, con excepción das prazas de estacionamento habilitadas para persoas con mobilidade reducida.
O concello repartirá no desfile máis de 5.500 euros en premios nas diferentes categorías.