NOTA DE PRENSA
O GMPP burelés considera que Remedios López “entérase de mui pouco”.
Aseguran que PSOE e BNG votaron en contra da Escola Naútico Pesqueira para Burela.
Os populares tamén din que PSOE e BNG votaron en contra de actualizar as titulacións de ponte e motor.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que a edil do Mar burelesa, Remedios López, “entérase de mui pouco, ou ben pretende desinformar á cidadanía, no que se refire ás titulacións náutico-pesqueiras”.
O GMPP asegura que esto “entra dentro da normalidade nunha persoa que descoñece o mundo do mar, que só busca ser ela mesma a noticia e que nada leva feito para mellorar as condicións do sector pesqueiro. Evidentemente, nin o alcalde nin ela pasarán á historia polo que fixeron polo porto”.
Para confirmar o anterior, os populares aseguran que tanto o PSOE coma o BNG votaron e contra, reiteradamente, no Parlamento Galego, da Escola Náutico Pesqueira para a Mariña a ubicar en Burela.
Polo tanto, esta señora non tén nada que decir sobre este asunto. É máis, debería pedir perdón publicamente polo seu comportamento, nun día tan sinalado para o mundo do mar como é a entrega por parte dos xubilados do mar dunha bara do bonito ó Museo do Pobo Galego. E ademais, pedirlles explicacións ó seu compañeiro de partido Ismael Rego polos votos emitidos por este no Parlamento Galego em contra da Escola Náutica Pesqueira para A Marina a ubicar en Burela.
E no que se refire ás titulacions náuticopesqueiras de ponte e motor, unha vez máis esta señora non sabe de que fala. Só decirlle que non hai moitos meses persoas do sector pesqueiro de Burela puideron comprobar no próprio Parlamento como PSOE e BNG votaban em contra dunha proposta do PP para revisar a normativa e actualizar as titulacións á realidade e necesidades do sector.
Polo tanto, só caben duas conclusións: unha, a Sra. López Villar descoñece totalmente o que se fai tanto no Parlamento coma na Xunta em materia pesqueira, e dúas, esta señora non ten nivel para ser concelleira do Mar no concello de Burela. Pode ser calquera outra cousa, pero concelleira do Mar, non. E menos unha persoa que usou o seu cargo público para acceder a un posto de traballo pagado cos cartos de todos e que non xenerou ningún emprego agás o dela e outros catro, polo que tamén resulte chocante que agora fale de creación de emprego.