NOTA DE PRENSA:
O PP MOSTRA A SÚA SATISFACCIÓN POLA APERTURA DA ESCOLA INFANTIL DE FOZ
* Lembra que o desbloqueo na apertura deste centro foi posible grazas as xestións desenvolvidas a nivel local e autonómico polo PP, pois o bipartito deixou sen orzamento para o mobiliario e o persoal
Foz, 12 de abril de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de manifestar a súa grande satisfacción pola anuncio efectuado pola Xunta de Galicia ao respecto da inauguración o próximo mércores da nova escola infantil que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo porá en marcha nesta localidade e da que poderán beneficiarse este curso un total de 46 nenas e nenos e as súas familias.
Os populares lembran que o desbloqueo na apertura desta nova infraestrutura de benestar foi posible grazas ás xestións desenvolvidas polo Partido Popular, tanto a nivel local como autonómico, xa que o anterior executivo bipartito nin deixou orzamento para a dotación de mobiliario nesta escola, nin consignación presupostaria para facer fronte ao gasto de contratación do persoal.
Os populares subliñan que esta boa nova permitirá o difrute dun novo servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, de carácter educativo e asistencial, busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal dos veciños de Foz ao tempo que facilita a inserción das nais ou pais coidadores no mercado laboral