De feito, como destacou, Galicia suma cada vez un maior numero de festividades con este recoñecemento, tras a última incorporación da de Lugo, que se suma á Festa do Santísimo Cristo de Fisterra, á Semana Santa de Cangas, á Semana Santa de Paradela (Meis), á Semana Santa de Betanzos, á de Mondoñedo e Santiago de Compostela, de interese turístico de Galicia. Xunto a elas, tamén están recoñecidas, neste caso como de interese turístico internacional as de Ferrol e Viveiro.