San Cibrao, 20 de xaneiro 2020. O colectivo veciñal Cruz da Venta, lamenta os continuos incrumprimentos do Goberno socialista e asegura que, se a nova administración continua con esta indiferencia supón poñer en risco o principal motor económico e de emprego de San Cibrao, como pobo, e do conxunto da comarca. Un peche de Alcoa, ou unha drástica reducción de emprego, suporia un retroceso de décadas da situación socio laboral da Mariña.
Unha representación da directiva de Cruz da Venda participará ás 11,30h na concentración diante do Ministerio de Transición Ecolóxica e ás 13,15h diante do Congreso dos Deputados.
Desde o colectivo fan un chamamento ao conxunto da veciñanza a apoiar ás famílias dos traballadores de Alcoa e nese senso lembran que o comité de empresa habilitou autobuses gratuitos para o seu desprazamento a Madrid.