Barreiros, 16 de xaneiro de 2020. O Concello de Barreiros vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.
O percorrido deste vehículo comeza hoxe mesmo, instalándose na pista da festa de Vilamartín Pequeno; onde permanecerá ata o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, cando se desprazará ata Vilamartín Grande.
A alcaldesa, Ana Ermida, xunto con parte do equipo de goberno, desprazouse ata Vilamartín para explicarlle á veciñanza o funcionamento do punto limpo móbil, e facilitando material informativo e bolsas reutilizables para fomentar a redución de residuos.
Despois de visitar os dous Vilamartíns, o vehículo colocarase o día 30 de xaneiro en Gondán.
O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que con este servizo “preténdese facilitar a correcta reciclaxe de residuos domésticos, achegando un lugar onde desfacerse deles de xeito correcto sen necesidade de achegarse ata o punto limpo que, lembra, segue abrindo os luns e xoves de 9 a 13 horas e séguese prestando o servizo de recollida de enseres voluminosos a domicilio, previa solicitude no propio concello.”
Desde o goberno municipal elaboraron un percorrido no que de xoves en xoves o vehículo desprazarase polos distintos lugares, con unha permanencia dunha semana, de xeito que periodicamente repetirá os lugares previstos.
O punto limpo móbil, adquirido con unha subvención da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comeza así un recorrido desde a zona interior do concello por todo o concello que ata xuño se realizará do seguinte xeito, concretando os lugares específicos mensualmente:
Do 16/01 ao 23/01: Vilamartín Pequeno
Do 23/01 ao 30/01: Vilamartín Grande
Do 30/01 ao 06/02: Gondán
Do 06/02 ao 13/02: Cabarcos
Do 13/02 ao 20/02: Vilamar
Do 20/02 ao 27/02: San Xusto
Do 27/02 ao 05/03: Morteiro/Val do Caínzo/Ibia
Do 05/03 ao 12/03: A Rilleira
Do 12/03 ao 18/03: Reinante
Do 18/03 ao 26/03: San Miguel
Do 26/03 ao 02/04: A Barranca
Do 02/04 ao 08/04: Sarxendez
Do 08/04 ao 16/04: O Canteiro (Benquerencia)
Do 16/04 ao 23/04: Suigrexa (Benquerencia)
Do 23/04 ao 30/04: Agolada (Benquerencia)
Do 30/04 ao 07/05: Barrionuevo (Benquerencia)
Do 07/05 ao 14/05: Remior
Do 14/05 ao 21/05: Vilar
Do 21/05 ao 28/05: San Cosme
Do 28/05 ao 04/06: Celeiro