BURELA .- A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela entregou hoxe no Concello o premio á familia de Clotilde Pastor López, gañadora da III edición do programa de acción Ti podes dar vida, aforra auga. Este premio, donado por Viaxes Terramar, consiste nunha estancia de fin de semana no parque natural dos Picos de Europa para todos os membros da unidade familiar gañadora. Clotilde Pastor conseguiu reducir o seu consumo de auga nun 21 % con respecto ao ano 2008.
A edil Lucía Bouza felicitou “a esta familia, ao igual que ao resto dos participantes desta convocatoria, porque presentan unha grande responsabilidade e respecto co medio ambiente, xa que racionalizan os seus hábitos de consumo diario, cousa que debemos facer todos e todas para deixar un mundo mellor ás xeracións futuras. Tamén quero agradecer a colaboración de Viaxes Terramar, que ano tras ano tamén mostra o seu compromiso co coidado do medio ambiente ao participar co Concello de Burela de xeito desinteresado ofrecendo este premio”.