Viveiro, 15 de xuño, 2020. O Concello de Viveiro suspende durante a xornada de mañá, xoves 16 de xaneiro, a realización de calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o municipio, procedéndose ademais ao peche do parque Pernas Peón.
O concello toma esta decisión, anunciada nun bando da alcaldesa, María Loureiro, tendo en conta que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunicou que, en previsión desta alerta laranxa, se deben adoptar as medidas preventivas necesarias e no seu caso alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.
A prohibición estará aberta ata que e manteñan as alertas laranxas, principalmente por vento moi forte en toda a Mariña de Lugo. Os refachos poden acadar os 100 quilómetros por hora.