A Mariña, 5 de xaneiro, 2020. Actores de varios concellos da Mariña Central veñen de protagonizar un filme titulado “Medos”, no que se analizan as diversas cousas que asustan ao ser humano nas diversas etapas da súa existencia. Os papeles principais foron interpretados por Aketza Javier Fraga, un rapaz de 6 anos de Lagoa (Alfoz), por Antonio Jesús Lorenzo, máis coñecido por “Cachín” (de Mor, en Alfoz, membro dos grupos de teatro “O Centiño”, “Grupo Humorístico Trípode” e “Os Pícaros de Lagoa”) e Paco Piñeiro (director de diversos grupos de teatro da Mariña e actor do grupo “O Bordelo” de Cervo. Tamén inverviron actores do grupo “A Pomba do Arco” de Foz (Tono, Paz Quiroga e Olaia Otero), as actrices Lorena Pérez Veiga (do grupo teatral “O Centiño”), Fina Díaz Díaz (de Foz) e Ramira Pérez (do Valadouro). O pasado sábado, día 4, nun pase privado, todos os participantes puideron ver o filme no Instituto Alfoz-Valadouro, que colaborou na realización do mesmo, producido por CAOLIPE. A película foi rodada no verán pasado en diversos lugares de Foz e Cervo. O filme será presentado a diversos certames cinematográficos. Mándovos dous fotogramas do filme, por se vos parece oportuno publicalos.
Pase privado do filme “Medos”