Un ano máis o Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza unha viaxe dirixida a terceira idade. Nesta ocasión o lugar de destino é Benidorm, incluindo visitas a Toledo e Segovia. O prazo para poder inscribirse remata o día 26 de abril. Os requisitos que deben cumplir as persoas, que desexen anotarse a esta viaxe, son ser maiores de 60 anos, estar xubiladas e empadroadas no Concello de Xove. A saída efectuarase dende Xove o día 2 de maio a primeira hora da mañá, e o regreso o día 10 de maio, chegando pola noite. O coste para cada persoa é de 245 €uros, aportando o Concello o 50%. do coste total da viaxe 490€.
Viaxe a Benidorm para xubilados maiores de 60 anos de Xove
Viaxe a Benidorm para xubilados maiores de 60 anos de Xove
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela