O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado con cargo ao Programa de Cooperación Xunta-EE.LL., será a xornada completa e por un período máximo ata o 31 de decembro de 2010. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados e tamén o coñecemento do idioma galego. Será requisito estar inscrito como demandante de emprego nos Servizos Públicos de Emprego. Os interesados poden presentar toda a documentación esixida ata as 14 horas do 19 de abril no rexistro xeral de entrada do Concello. A proba e selección de persoal terá lugar o 22 de abril ás 17 horas na Casa do Concello.
O Concello de Ribadeo contratará a 3 capataces e a 9 peóns especialistas para o Grumir
O Concello de Ribadeo contratará a 3 capataces e a 9 peóns especialistas para o Grumir
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros