Xove, 23 de decembro, 2019. Un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte e que presenta un estado lamentable. A cantidade de fochancas é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para peóns como para a circulación de vehículos.
Esta estrada é vital para a parroquia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, percorrido que hoxe é unha auténtica e perigosa aventura.
O alcalde aproveitou a xuntanza para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir.