Burela, 23 de decembro, 2019. O Nadal son datas moi emocionantes para O Centro Comercial Aberto de Burela e os seus establecementos asociados. Son días de moito traballo pero, sobre todo, de moita emoción no que se intenta poñer todo o corazón.
Despois de dous días onde se tiveron que suspender as actividades por mor da alerta vermella, retómanse as actividades este luns coa chegada dos elfos de Papá Noel que percorrerán os establecementos de CCA Burela para animar aos clientes, comerciantes e recoller as cartas dos pequenos e pequenas e, como lume de carozo, partirán para Laponia e preparar todos os paquetes.
E como colofón, o propio Papá Noel confirmou a presencia na praciña de Nadal a tarde do martes, a partir das 18.00 horas para ter un encontro con nenos e nenas de Burela que poderán coñecelo en persoa e mesmo pedirlle algún agasallo que esqueceran escribir na carta.
A asociación de comerciantes local quere lembrar que, para os próximos días, as actividades continuarán e que esperemos que estas festas sexan moi especiais para todos porque, tamén en Nadal, estamos medrando xuntos.