Burela, 20 de decembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS brillou onte na II Gala de Fútbol Sala da RFEF, con recoñecementos colectivos e individuais na tempada 2018-19, a mellor da Familia Laranxa. Entre os máis de 60 galardóns que concedeu a Federación, o vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, recibiu de mans de presidente, Luis Rubiales, a Copa como campión de Segunda División Masculina, ademais do premio como campión de Copa da Raíña e Supercopa de España Feminina, xunto a Pedro Rocha, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, e Gonzalo Azkárate, membro do comité executivo.
Peque recolleu o premio como Mellor Xogadora da Tempada, outorgado por compañeiros e compañeiras, ademais de subir ao escenario, xunto á tamén burelista Luci, polos éxitos da Selección Española, como campioa de Europa, e bronce nos Xogos da Xuventude de Bos Aires.