Ribadeo, 19 de decembro de 2019. O Concello acondicionou nos últimos días o firme de varios dos aparcamentos cos que conta no núcleo urbano de Ribadeo. Os traballos foron supervisados polos concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Mónica Freire e Jorge Díaz.
Freire Rancaño contou que “durante estes días estivemos acondicionando e mellorando o firme de varios dos aparcamentos cos que contamos no núcleo urbano de Ribadeo. Concretamente fixemos melloras nos que hai na avenida Rosalía de Castro e no que está nas inmediacións do instituto Dionisio Gamallo. Tamén melloramos o firme do situado na rúa Ramón González e ademais fixemos actuacións no anexo que existe ao lado do aparcamento municipal, na rúa Daniel Cortezón”.
A concelleira de Obras lembrou que “estes espazos non son propiedade do Concello senón que están cedidos e este feito limítanos o tipo de actuacións que podemos realizar sobre eles. Temos que limitarnos a facer estas melloras, pero conservando as súas características”.