A primeira sesión, que será unha xornada formativa, terá lugar o 26 de decembro na aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme), en horario de 16.30 a 19.30, posteriormente realizarase unha sesión mensual, ata xuño 2020, cunha duración de 3 horas cada sesión e onde se combinará formación con grupos de axuda mutua. A asistencia é gratuita previa inscrición no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 982 124 002.