A Mariña, 16 de decembro de 2019.- Co título “Escoitando o mar”, Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano. O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia “Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima” a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, Ex – Director CEIP Noia. O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre “Mitos do mar: O alén dos barqueiros” e o 27 deste mesmo mes a conferencia “A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva” a cargo do profesor da UDC, José Manuel Vázquez Lijó, cerrará estas xornadas que terán lugar no Museo do Mar de San Cibrao e que contan coa colaboración da Rede Museística Provincial e maila Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias sobre o patrimonio inmaterial do mar no Museo do Mar de San Cibrao
Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias sobre o patrimonio inmaterial do mar no Museo do Mar de San Cibrao
Relacionado
-
Unha persoa sufriu diversas queimaduras ao tratar de prender a cheminea con alcohol en Barreiros
-
‘Unha Vela por ti’, con motivo do 25N, en colaboración con Mujeres en Igualdad de Cervo
-
Castiñeira ve “sospeitoso que outro erro do alcalde lle permitira á empresa licitadora alegar por segunda vez a decisión da Corporación Municipal de non seguir co contrato da residencia mentres non estean claras as axudas aos usuarios”