PORTOMARÍN .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez e o secretario da Mesa do Parlamento galego, José Manuel Balseiro, sumanse a extensa lista de persoas agasalladas coa Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín, dsitinción que recibiron o domingo durnate os actos da festa da Augardente de Portomarín. A vicepresidenta terceira da deputación, María Xosé Vega Buján, tamén foi distinguida como Dama da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín
REFERENCIA
As Vicepresidentas da Deputación nomeadas Damas da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín
Gómez Besteiro recibira este distinción en 2008 e fora o pregoeiro
desta Festa que, este ano, cumpre 40 anos
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján, recibiron este domingo a distinción de Damas da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín. O cabildo da Orde decidiu outorgar esta distinción ás responsables provinciais, ó igual que o fixera en 2008 ó Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen fora ademais o pregoiro do festexo.
Ademais de Lara Méndez e Vega Buján, este órgano concedeu o título a outras 10 personalidades: ó Secretario Xeral do PSOE galego, Manuel Vázquez; ó director do centro penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga; ó Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; ó Deputado e Secretario da Mesa do Parlamento galego, José Manuel Balseiro; ó propietario do restaurante España, Héctor López; ó presidente de Transportes Azkar, Luis Fernández Somoza; ó médico Pedro Ferreiro Mazón; ó Sarxento da Guardia Civil de Portomarín, José Francisco Sánchez; ó construtor local, José Prado Gay; e ó presentador do programa da Televisión de Galicia “Larpeiros”, Benigno Campos. Precisamente, este último foi o encargado de pronunciar o pregón da Festa, despois da cerimonia de ingreso dos novos Cabaleiros e Damas da Orde.
Toda unha tradición: 40 anos de existencia
A tradicional Festa da Augardente de Portomarín, que en 2010 chega á XL edición, celébrase cada ano no domingo de Pascua. Comeza co acendido das alquitaras na Praza Maior, seguido da procesión e da Misa. Xa na tarde, a celebración continúa cos diversos actos culturais e folclóricos, ademais de co nomeamento dos novos membros da Orde da Alquitara. Durante todo o día os visitantes poden apreciar a elaboración artesanal da augardente, así como degustar este produto.
A Festa nace nos anos 60 para promocionar este licor das mans da “Serenísima Orde da Alquitara”, respetado e recoñecido non só en Galicia, senón tamén en toda Europa. A celebación é unha homenaxe ós “augardenteiros” que, durante décadas, destilaron este licor de xeito tradicional, e que xa se elaboraba no antigo asentamento do pobo, hoxe baixo as augas do río Miño. Pódese dicir que a celebración é todo un ritual para este municipio, e o acto central é a cata e o posterior premio á mellor augardente destilada coa alquitara.