Burela, 4 de decembro de 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo continúa esta semana coa campaña de promoción da “Merluza do Pincho de Burela” nos principais mercados tradicionais de Madrid.
O Mercado da Paz (Rúa de Ayala, 28) acollerá este xoves 5 de decembro o segundo showcooking da Pescada do Pincho de Burela, no que se poderán degustar varias receitas de pescada. Nesta ocasión, o chef MastroMatteo ofrecerá de novo dúas receitas moi diferentes: Pescada do Pincho de Burela ao limón con perlas de wasabi e Pescada do Pincho de Burela ao allo con salsa de mostaza e mel; que se ofrecerán gratuítamente entre eo público do mercado.
Esta acción, que conta coa colaboración de Armadores de Burela, encádrase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.