Lugo, 3 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este martes en San Marcos na presentación da nova campaña de Nadal da Federación Galega de Comercio, un acto no que reivindicou o comercio de proximidade como un “un motor importante da economía da provincia”, en tanto que xera máis de 20.000 empregos e representa en torno ao 13% do Produto Interior Bruto (PIB).
Neste Nadal o comercio local, tamén dixital é unha campaña que conta co apoio da Deputación, dirixida aos consumidores para fomentar o pequeno comercio a través da venta online. José María Seijas, presidente da agrupación de comerciantes, explicou que se sortearán 10.000 euros en premios distribuídos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros, que deberán utilizarse para volver a mercar nos establecementos lucenses de proximidade.
“Dende a Deputación de Lugo apoiamos todas as campañas a favor do pequeno comercio porque é garantía de calidade, polo seu trato próximo e porque o sector é un importante motor da nosa economía”, apuntou Tomé. Na presentación da campaña, que concluíu coa visita a comercios de Lugo adheridos á campaña, participaron tamén Mauricio Repetto, Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo, e Javier Soto, Director Territorial de ABANCA en Lugo.