NOTA DE PRENSA
O novo equipo de diagnose estable substituíra ás obsoletas unidades móbiles que se empregaban ata o de agora e que esgotan a súa vida útil despois de catorce anos de servizo
BALSEIRO FELICÍTASE POLA POSTA EN MARCHA DUN NOVO SERVIZO DE DETENCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA NO HOSPITAL DA COSTA
* O centro sito en Burela será o punto de referencia para a campaña de mamografías ás que se someten periodicamente todas as mulleres de entre 50 e 60 anos.
* Son múltiples as vantaxes deste novo servizo estable nos hospitais: haberá salas de espera (nas móbiles non, polo que as mulleres teñen que esperar na rúa), hai máis intimidade, se mellora o acceso a persoas con mobilidade reducida, se permite o traballo en rede e maximizan os custes de mantemento
Santiago, 3 de abril de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol felicitase polo anuncio efectuado pola Consellería de Sanidade que dirixe a popular Pilar Farjas sobre a posta en marcha dun novo servizo de detención precoz do cancro de mama no Hospital da Costa. Deste xeito, o novo equipo de diagnose substituirá ás obsoletas unidades móbiles que se empregaban ata o de agora e que esgotan a súa vida útil despois de catorce anos de servizo.
O centro hospitalario sito en Burela será o punto de referencia para a campaña de mamografías ás que se someten periodicamente todas as mulleres de entre 50 e 60 anos e que ten como principal obxectivo a detección e control desta grave enfermidade. O SERGAS investirá máis dun millón de euros no conxunto dos hospitais de Galicia para a posta en marcha desta mellora asistencial que xa existía nos hospitais urbanos e da que agora tamén poderán beneficiarse as mulleres da Mariña lucense.
A Consellería de Sanidade tamén ten previsto incorporar unha innovación tecnolóxica neste ámbito coa substitución dos mamógrafos analóxicos por outros dixitais. Esta substitución permitirá prescindir da loxística do transporte e almacenamento das mamografías; mellorará a detección do cancro en mulleres xoves e con mamas densas; e permitirá que o sistema asistencial acceda aos estudios de cribado e viceversa, o que levará a unha diminución da repetición inxustificada de estudos mamográficos
MÚLTIPLES VANTAXES.
Balseiro explica que a disposición dun novo servizo estable de prevención do cancro de mama no Hospital da Costa traerá consigo múltiples vantaxes pois ata o de agora se ten constatado que as obsoletas unidades móbiles implican diversas dificultades, como a carencia de salas de espera -o que obrigaba as mulleres a agardar á intemperie-, falta de intimidade, dificultades para o acceso a elas de mulleres con mobilidade reducida. Ademais maximízase o custo de mantemento da unidade e do seu equipamento, e as unidades fixas permiten o traballo en rede o que facilita a xestión dos recursos humanos e a posta en servizo de melloras como a da tecnoloxía dixital que, polas súas características non pode ser implantadas nas unidades móbiles.