Ribadeo, 29 de novembro de 2019. Unha delegación do FC Barcelona foi recibida no Concello de Ribadeo esta tarde con motivo do 10º aniversario da Peña Barcelonista La Balastrera, que se celebra hoxe, venres.
Ao acto, que se desenvolveu no salón de plenos municipal, asistiron a delegada de Cultura da xunta directiva do FC Barcelona, Teresa Basilio Monné, ademais de representantes da Peña Barcelonista La Balastrera, presidida por Óscar Álvarez Casabella. Foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz; e a edil de Cultura, Pilar Otero.
A partir das 22:00 horas celebrarase a festa do décimo aniversario da Peña Barcelonista La Balastrera na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, onde haberá unha cea baile. Nese evento está prevista a participación da delegada de Cultura do FC Barcelona e tamén do ex xogador Iván Iglesias, que non puido asistir á recepción na Casa do Concello.