Viveiro, 26 de novembro de 2019. A sala multiusos do Concello de Viveiro acolle este xoves un workshop organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
O workshop ‘Competitividade empresarial: desenvolvemento de novos modelos de negocio’ busca cumprir un dobre obxectivo: informar sobre as últimas novidades en materia de tecnoloxías, dixitalización ou implantacion de novos modelos de xestión, e contribuir á mellora da competitividade e supervivencia das empresas.
Os asistentes poderán coñecer as ferramentas existentes hoxe en día para esa mellora da competitividade, dende fórmulas de xestión a optimizacion de custes, relanzamento comercial, novas tecnoloxías e industria 4.0, etc…
Os ponentes falarán de casos prácticos en empresas de alimentación, instalacións, desenvolvento de produtos TIC, enxeñería…