O poñente explicou que E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket impreso en papel por un sistema dixital, moderno e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado das súas compras/vendas, evitando os inconvintes do tícket fronte á súa perda, ademais de minimizar o uso do papel. Os asistentes souberon que Sicomercio é un sistema de xestión e venda. Permite adoptar unha estratexia multicanle, competir en igualdade de condicións a outros formatos, xestionar stocks, vendas e prezos, obter estadísticas, integrarse con marketplaces, coñecer a competencia, etc. A xornada foi organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta. Colaboraron a Federación de Comercio de Lugo, a Deputación e o Centro Comercial Aberto de Foz.