Lugo, 25 de novembro, 2019. O 11 de xullo de 2018 o Alcalde de Xove e o entonces presidente da Deputación asinaron un protocolo co fin de mellorar a Rede Viaria Provincial no termo municipal de Xove.
No propio protocolo recoñécese o pésimo estado da RVP en Xove así como que o viais provinciais son as principais arterias de comunicación dos distintos núcleos de poboación, de acceso a gran parte da actividade industrial de auxiliares de Alcoa, de acceso á zona de praias e incluso de conexión co veciño Concello de Viveiro.
O documento establece compromisos para as dúas administracións, en concreto para a Deputación provincial, a reparación completa con aglomerado en quente da EP 2601 no ano 2018 e a EP 2604 entre os anos 2018 e 2019.
O Concello de Xove asumiría con fondos propios o resto da RVP unha vez que a Deputación fixese entrega dos proxectos ó Concello.
Este acordo supón que máis do 50 % do custe total da reparación sexa asumido polo Concello de Xove, o que beneficia á Deputación Provincial.
A día de hoxe, a Deputación ven de adxudicar un treito da EP 2601, quedando pendente o resto dese vial, así como a totalidade da EP 2604.
Debido á inexistencia de mantemento dende hai anos, a RVP en Xove atópase nun estado que supón un perigo para a seguridade.
¿Ten previsto a Deputación cumplir o acordo asinado?¿En qué data concreta?
¿Cando vai licitar o resto pendente da EP2601 e a totalidade da EP2604?