Mondoñedo, 11 de novembro, 2019. Javier Rodríguez natural de Ourense alzase como gañador da VIII edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Citerea”.
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “A ferida” da que é autor, Manuel López Rodríguez de Noia.
Branca Trigo Cabaleiro, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo “O heroe de vidro”. Branca Trigo é de Vigo.
A entrega do premio terá lugar o sábado, dia 23 de novembro de 2019 segundo o seguinte programa:
12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.