Lugo, 10 de novembro de 2019. A candidata do BNG ao congreso pola circunscrición de Lugo, Olalla Rodil, considerou os resultados do BNG de forma moi positiva, a pesar de non ter representación por Lugo, o BNG volveu acadar voz no Congreso. Ademais de incrementar a porcentaxe o número de votos, seguindo na dinámica que o BNG leva acadado nestes últimos procesos electorais, onde cada día suma máis persoas que cren e queren Galiza.
A valoración da campaña electoral é moi positiva, onde a organización traballou arreo para poder facer posíbel que Galiza recuperara espazo nas Cortes do Estado. Aínda que o contexto nun proceso que nunca sucedera dunha campaña cunha duración corta e cun clima de fartazgo grande por parte da sociedade, o BNG puxo por diante “os problemas das galegas e galegos”.
O BNG seguirá traballando para poñer dende xa os problemas das galegas e galegos no contexto do estado e seguindo no traballo para ás eleccións ao Parlamento Galego que se preven para o 2020, onde “o BNG estará para desaoluxar ao Partido Popular da Xunta de Galiza”.