A candidata nacionalista expresou o seu desexo de que sexa unha “xornada moi participativa”. “Lanzamos a todas o chamamento para que veñan a votar. É un momento decisivo para este país”, dixo tras depositar o voto. Rodil transladou “un saúdo e ánimo ás persoas que toman parte nas mesas electorais e as apoderadas e interventoras, e aos medios de comunicación” para o que queda de xornada electoral. A candidata seguirá a xornada desde Compostela, acompañada polo resto de candidat@s do país ás cámaras estatais e os membros de Executiva nacional.
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, votou esta mañá no colexio electoral do Chao do Pousadoiro, no concello da Ribeira de Piquín
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, votou esta mañá no colexio electoral do Chao do Pousadoiro, no concello da Ribeira de Piquín
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela