Lugo, 8 de novembro de 2019. Patricia Otero, Ana Prieto, Cesar Mogo e Lara Méndez, acompañados dos candidatos ao Congreso e ao Senado e cargos orgánicos do PSOE mantiveron unha xuntanza coa Plataforma Lugo non perdas o tren.., .A candidatura socialista fixo o seu acto de peche de campaña desde a estación de tren de Lugo, para reivindicar os investimentos do Goberno de Pedro Sánchez na provincia.
“Hai un absoluto compromiso do Goberno do PSOE coa modernización do ferrocarril, con feitos e non palabras, comprometidas no BOE e na Plataforma de Contratación do Estado. Porque a modernización do ferrocarril está na axenda do Goberno”, dixo Patricia Otero.
A secretaria provincial socialista argumentou “hoxe rematamos unha campaña moi intensa onde percorremos toda a provincia para trasladar aos cidadáns a crucial importancia destas eleccións. Esta en xogo que o país siga na frustración do bloqueo, ou que a partir do 10N nos deixen renovar a tarefa de Goberno que fixo compatible o crecemento económico e a cohesión social, o que significa máis dereitos e prestacións para todos os cidadáns. Quedarse na casa e non acudir a votar, ten só dous beneficiarios, as dereitas e a extrema dereita cuio único proxecto é aliarse para gobernar”.
Rematar co bloqueo
“O próximo domingo España ten a oportunidade de rematar co bloqueo e iniciar unha nova etapa cun goberno progresista e capaz. Os Socialistas apelamos á maioría sensata deste país para que reforcen a nosa maioría no Parlamento e poidamos dar un paso dun Goberno de progreso para España”, resumiu Otero.
Plataforma Lugo non perdas o tren
Os representantes da Plataforma Lugo non perdas o tren..mantiveron unha xuntanza con cargos do PSOE na Estación do tren de Lugo, na que analizaron novas vías de comunicación co Goberno. E recibiron o compromiso de manter unha xuntanza co Presidente de Renfe para avanzar sobre as novas inversións na provincia.