Mondoñedo, 28 de outubro, 2019. Desde o GDR-1 Terras de Miranda (Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona o programa Leader no territorio da Comarca de A Mariña), estase a colaborar con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na organización dunhas actividades en contra da violencia de xénero a través dun convenio entre a Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Dentro deste marco organizouse un curso de defensa persoal e autoprotección para mulleres, dos días 5 ao 8 de novembro no pazo de San Tomé de Mondoñedo. A data límite para realizar incricións é ata o venres 1 de novembro ás 12:00 horas.
As incricións deberán facerse a través dos emails: terrasmiranda@gmail.com e cimmondonedo@yahoo.es