Esta semana a concelleira Mercedes Dengra e a técnico social visitaron aos usuarios para ofrecer estes novos servizos, que teñen moi boa acollida. A partir do vindeiro mes un especialista en podoloxía e outro en fisioterapia realizarán estes servizos a domicilio. Dengra explicou que “a atención aos nosos maiores e dependentes é unha das nosas prioridades e por iso se poñen en práctica medidas coma esta para mellorar a calidade e o benestar social de todos os veciños e veciñas do municipio usuarios deste servizo”.