Fíxoo nos actos conmemorativos dos 800 anos de historia da catedral, nun acto no que tamén participaron a alcaldesa, Elena Candia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. O responsable de Cultura e Turismo da Xunta salientou que se trata dunha semana de efemérides de gran relevancia para este concello, ao coincidir o oitavo centenario das orixes do templo mindoniense e o inicio do pontificado do Bispo Martín coa celebración da feira das San Lucas e o 150 aniversario do nacemento do chamado “poeta da montaña” Antón Noriega Varela.